Os cabaleiros de Vigo seguen o seu roteiro por Galicia: próxima parada, Lugo

Membros da Orde dos Cabalerios de Vigo.
O colectivo 'Orden de los Cabaleiros de Vigo' segue o seu periplo por Galicia. Mañá, 28 de xuño, visitarán Lugo, onde coñecerán a Catedral e incorporarán novos membros.

O colectivo vigués "Orden de los Cabaleiros de Vigo," presidido por Antonio Puga, e co empresario hostaleiro Eusebio Prado (chantadino de Mariz) como acompañante destacado, continúa o seu percorrido por Galicia.

Recentemente, visitaron a Ribeira Sacra, desfrutando dun paseo en catamarán e tren turístico. Alí, tiveron a oportunidade de degustar as exquisiteces culinarias da zona e visitar unha adega para probar os seus viños.

A vindeira saída será o sábado 28 de xuño (mañá!) con destino á capital lucense. En Lugo, teñen programada unha visita á Catedral, guiados polo Vicario Xeral da Diocese de Lugo, Xosé Mario Vázquez Carballo, natural de O Saviñao, Pesqueiras de San Estevo de Ribas do Miño. Tamén farán un percorrido pola muralla antes de xantar no Restaurante España, onde gozarán da gastronomía lucense.

Durante esta xornada, a Orde dos Cabaleiros de Vigo dará a benvida a novos membros, entre eles Xoan Carlos e Xosé Graña Paz, nun acto ceremonial que se celebrará na propia Catedral.

Semella que non hai quen os pare!