martes. 23.04.2024

O Concello de Salvaterra de Miño ofrece axudas para adquisición de material escolar infantil para o curso académico 2022/2023, tal como vén de aprobar na xunta de goberno local..

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, como son a adquisición de libros e material escolar, no caso dos alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño.

 O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2022, ambos inclusive. Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información.

Axuda para a compra de libros escolares
Comentarios