A Asociación Cultural de Xuntanza de Randufe convida a todos os interesados a participar nunha interesante excursión á Baixa Limia e á Serra do Xurés o vindeiro sábado, 7 de xuño de 2025.
Co obxectivo de promover o contacto coa natureza e o bo ambiente, a asociación organiza esta xornada que incluirá visitas a lugares de gran beleza paisaxística e cultural.
A saída terá lugar ás 8:30 horas dende o Centro Cultural de Xuntanza de Randufe, e a chegada está prevista para as 21:00 horas no mesmo lugar.
O custo da saída é de 50 euros por persoa, que inclúe o transporte en autobús, a comida e o seguro de viaxe.
Os interesados en participar deberán inscribirse antes do 20 de maio chamando ao teléfono da Asociación: 646 646 500.
Dado que o número de prazas é limitado, terán preferencia os socios e socias da asociación e os seus familiares.
O pagamento realizarase o domingo 25 de maio no Centro Cultural de 11:00 a 13:00 horas.
O programa da xornada é o seguinte:
- 11:00: Parada en Río Caldo.
- 12:00: Saída cara a Mugueimes.
- 12:15: Inicio de roteiro de baixa dificultade ou tempo de lecer na área recreativa de Mugueimes.
- 13:30: Saída cara Pitoes dás Junias. Comida. Paseo polo pobo de Pitoes.
- 16:45: Saída cara ó Museo e xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis.
- 19:00: Saída para Randufe.
A organización fai as seguintes observacións:
- En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a saída será anulada.
- Aconséllase levar a Tarxeta Sanitaria Europea (de balde e solicitable na Seguridade Social).
- Recoméndase vestir calzado adecuado para camiñar polo monte, e levar gorra e crema solar.
- Convén levar auga e froitos secos para o roteiro.
Non perdas esta fantástica oportunidade de explorar a Baixa Limia e a Serra do Xurés en boa compañía!
Para máis información e inscricións, contactar co teléfono 646 646 500 antes do 20 de maio.
