jueves. 25.04.2024

Dentro da liña de mellora da rede municipal de estradas e viais o Concello de Salvaterra de Miño vén de iniciar as obras de asfaltado de máis dun quilómetro do camiño municipal que une O Cordeiro con Ferreiros. Con esta acción mellorarase o servizo ofrecido por esta infraestrutura aos seus usuarios, xa que se trata dun vial cunha relativamente elevada densidade de tráfico en relación as súas características,  conta cun orzamento de execución de máis de 71.000€.

salva2

Esta obra está financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2022-2023 e achega municipal con cargo ao orzamento do Concello

Asfaltado o camiño municipal que une O Cordeiro con Ferreiros
Comentarios