viernes. 03.05.2024

Santa Filomena celébrase o 13 de agosto no Parque de Costoias de Tameiga a partires das 12.00h. Ademáis dos actos relixiosos, que comezarán ás 12.00h, na Igrexa Parroquial de San Martín de Tameiga coa tradicional Misa, cantada pola Coral O Son dos Cantares, seguida da procesión acompañada pola Banda de Gaitas Os Zoqueiros de O Porriño e ó remate, concerto da mesma; a tarde estará amenizada en Costoias, a partires das 20.00h, pola Banda de Saxos de Redondela e seguida do concerto de Pili Pampín ás 21.30h. A actuación da coral corre a cargo do Concello e as da banda de gaitas e orquestra de saxos finánciaas o Pontegal da Deputación.

A celebración contará tamén coas actuacións da Coral Polifónica O Son dos Cantares, a Banda de Gaitas Os Zoqueiros e a Orquestra de Saxos de Redondela a cargo do Concello e o Pontegal da Deputación de Pontevedra

A Festa de Santa Filomena será unha gran oportunidade para disfrutar dunha xornada amenizada por grandes formacións musicais. Tratarase dun encontro moi especial no que o público poderá gozar da música co broche da actuación estrela da cantante Pili Pampín que organiza a Asociación Cultural San Martín de Tameiga..

A artista Pili Pampín, en concerto en Tameiga
Comentarios