viernes. 29.03.2024

A XXII Festa do viño novo de Arantei, que se celebra  os vindeiros días 12 e 13 de novembro, repartirá máis de mil litros de viño gratis. Isto é posible grazas a colaboración dos veciños de Arantei, parroquia de Salvaterra, que son os que doan as uvas. Posteriormente a comisión de festas de San Roque elabora o viño branco e tinto que se degustará de ablde na festa. Para acompañar o viño poderase mercar polbo á feira, orella, callos, empanada, carne ao caldeiro, xamón entre outros.

Tamén haberá distintos postos de artesanía e de produtos, como mel, chocolates, cafés, repostería e máis.

Todo isto estará amenizado polos grupos musicais '2 Tipos' e 'Top Legends' para o sábado día 12. O domingo día 13 a televisiva Laura Anton abrirá o evento dando lectura ao pregón e seguidamente a charanga 'Os Imperiais' amenizará o resto da xornada. E xa para terminar, a noite celebrarase un bingo con grandes premios.

O altruismo vinícola dos veciños salvaterrenses de Arantei
Comentarios