martes. 23.04.2024

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo traerá a música ás rúas de Ponteareas esta fin de semana. O vindeiro domingo 11 ás 19.00 horas comezará unha ruada que sairá da Casa do Concello para rematar na praza Dr. Fernández Vega, onde a agrupación ofrecerá un concerto aberto a todo público a partir das 19.30 horas. A actuación será de balde e contará con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias, como o uso obrigatorio de máscara cirúrxica.

Dende a Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba invítase a toda a veciñanza a participar nesta actividade cultural protagonizada por unha banda con preto de 15 anos de historia e numerosos premios ás súas costas. A agrupación naceu ao abeiro da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, que conta cunha escola de música propia con máis de 60 alumnas e alumnos matriculados e na que se imparten todas as disciplinas instrumentais.

A Xuvenil de Xinzo traerá a música ás rúas de Ponteareas