lunes. 27.05.2024

A monologuista Verónica Rilo substituirá ao monologuista Candido Pazó que, por motivos de saúde, non pode ofrecer o seu espectáculo o vindeiro domingo  22 de marzo, en Arcos, Ponteareas.

As veciñas e veciños poderán igualmente gozar do mellor humor da man de Verónica Rilo e dos seus contos e lerias o domingo 22, ás 17 horas, no centro cultural de Arcos enmarcada na programación de Cultura 24 que leva ás parroquias unha programación cultural anual estable.

A monologuista Verónica Rilo actuará no centro cultural de Arcos