viernes. 26.04.2024

Proxecto de desenvolvemento de cosmética natural, primeiro premio Galiciencia

O primeiro premio recaeu no proxecto “Pondal nature, cosmética natural” de Carla García Pedrosa e Noa Caride, do CPR Eduardo Pondal de Cangas. Os rapaces sinalan que investigaron e levaron a cabo distintas receitas de uso tradicional para facer produtos de coidado persoal. “Nos tempos que corren ás veces temos dúbidas sobre como actuarán os produtos cosméticos que mercamos. Ao non coñecer a súa composición fannos dubidar sobre o que utilizamos, polo que se nos ocorreu facer os nosos propios cosméticos con materiais que empregamos a cotío, que son asequibles e respectuosos co medio ambiente e, deste xeito, promover a economía circular” -explican-.
bioplastico_3º premio
bioplastico_3º premio

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), clausurou esta mañá a súa 17ª edición, baixo o lema da “Economía Circular”. A súa finalidade é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación).

Ao acto de clausura, no que se fixo entrega dos premios desta edición, asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. O director de Tecnópole, Javier Taibo, anunciou a temática de Galiciencia 2023: “Aeronáutica e Aeroespacial.

`PRIMEIRO PREMIO

1º premio, proxecto de desenvolvemento comético.
1º premio, proxecto de desenvolvemento comético.

O primeiro premio recaeu no proxecto “Pondal nature, cosmética natural” de Carla García Pedrosa e Noa Caride, do CPR Eduardo Pondal de Cangas. Os rapaces sinalan que investigaron e levaron a cabo distintas receitas de uso tradicional para facer produtos de coidado persoal. “Nos tempos que corren ás veces temos dúbidas sobre como actuarán os produtos cosméticos que mercamos. Ao non coñecer a súa composición fannos dubidar sobre o que utilizamos, polo que se nos ocorreu facer os nosos propios cosméticos con materiais que empregamos a cotío, que son asequibles e respectuosos co medio ambiente e, deste xeito, promover a economía circular” -explican-. Para iso botaron man de ingredientes naturais, en particular plantas comúns que eles mesmo cultivan. Así, elaboraron ata cinco produtos diferentes -xampú, crema de mans, crema facial , bombas de xabón e bálsamo labial- e agora están a tratar de mellorarlos e comezarán a crear outros novos empregando aloe vera e romero. Este primeiro premio, dotado con 1.000 euros, permitiralles financiar a súa participación na maior feira científica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra anualmente en Barcelona.

SEGUNDO PREMIO

boneca_2º premio
2º premio.

O segundo equipo clasificado foi o formado por María Lama e Pilar Jorge, do IES Rosalía de Castro de Santiago. “A solución que pensamos é deseñar unha boneca de reanimación cardiopulmonar, coa que se poida aprender sen axuda de ninguén, xa que inclúe luces que marcan o pulso, vídeos e imaxes” -explican-. Aseguran que esta boneca “facilita a aprendizaxe da reanimación cardiopulmonar sen necesidade de ter un boneco de RCP profesional. O seu funcionamento é moi sinxelo e está pensado para persoas de todas as idades”. Destacan que tanto a propia boneca como a súa roupa están feitos con materiais usados e con compoñentes electrónicos de baixo custo”. Ademais, as rapazas salientan que “os prezos dos bonecos para aprender esta técnica ascenden aos 300 euros, polo que non é accesible a moitas familias ou centros educativos”. Este segundo premio supón un apoio económico de 500 € para participar na Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao.

TERCEIRO PREMIO

bioplastico_3º premio
Bioplastico. 3º premio.

O terceiro premio foi para o proxecto “Nuestro súper bioplástico” de Sheila Piedras e Manuel Prieda, do CIFP Manuel Antonio de Vigo. Fixeron un bioplástico a base de agua, glicerina, maicena, vinagre, colorante e canela, que se degrada na natureza e que se pode destruír con auga. Ademais, manifestan que con esta material pódense fabricar, de xeito caseiro, obxectos como forros para libros, carteiras, pousavasos, estoxos…, reducindo así a compra destes produtos. “Pensamos que é unha boa opción para o medio e a economía, evitando a contaminación xerado polo plástico non degradable e ademais é máis económico que o plástico convencional”. O equipo recibiu 200 € para a compra de material científico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.

COCHE CONTROLABLE CON LA MENTE

O proxecto máis innovador foi “Mindcar. A carreira do pensamento”, de Iria Fernández e Irene López, das Aulas Tecnópole de San Cibrao das Viñas. Trátase dun coche que se controla coa mente, empregando as ondas cerebrais que detecta unha diadema. “O resultado é o movemento e variación da velocidade do coche dependendo do tipo de ondas cerebrais que se emitan. Se estamos atenteos producimos ondas beta e, polo tanto, o coche avanzará más rápido; en cambio, se estamos nun estado de relaxación, emitindo ondas alfa, o coche irá máis lento” -explican-. Segundo as rapazas, a idea podería servir como base para crear un sistema de adestramento da mente, para axudar tanto á concentración como á relaxación fronte ao estrés.

innovacion_mindcar
Innovacion Mindcar.

MELLOR LIDERADO POR RAPAZAS

O premio para o mellor proxecto liderado por unha nena e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no contorno da I+D+i -en liña co afán de Tecnópole de promoción do STEM feminino- foi para o “Ensaio de biorremediación co fungo Pleurotus Ostreatus sobre mascarillas cirúrxicas”, de Marta Castro e Ariadna Gómez, do Colexio Marista Santa María de Ourense. Explican que as mascarillas cirúrxicas están formadas principalmente por celulosa, polo que este fungo é capaz de degradala, contribuíndo así a reducir o impacto ambiental”.

INTERMITENTE PARA BICICLETAS

O proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido foi para un sinalizador intermitente, ideado por Álvaro Lameiro e Miguel Leiva, do Colexio Diocesano San Lorenzo de Lugo. Trátase dun accesorio intermitente que serve para indicar un cambio de dirección, sinalizar a presenza dun obstáculo ou indicar a intención de frear aos viandantes que nos preceden. Os rapaces deseñaron este dispositivo mediante  electrónica básica e construírono empregando elementos sinxelos de baixo custo. Salientan que “mellora a seguridade viaria dos usuarios de vehículos como bicicletas, patinetes e triciclos, pois actívase sen necesidade de sacar as mans do manillar, é barato, fiable e duradeiro, fácil de instalar e de operar; e tamén poden usalo esquiadores que transitan en fila ou guías de grupos que camiñan monte a través, mergulladores…”.

RESIDUOS PLÁSTICOS

O premio para a mellor comunicación e presentación oral recaeu no proxecto de Francisco Docampo e Lucía Rodríguez, do IES María Casares de Oleiros. Propuxeron converter o seu instituto nun centro de residuos plásticos cero, para o que levaron a cabo iniciativas de concienciación entre a comunidade educativa do centro e desenvolveron actividades para promover a reciclaxe e a economía circular. Os resultados foron moi positivos, logrando reducir notablemente as cantidades de plástico recollidas nas primeiras semanas -pasando de 17 a 7 kilos-, e promovendo ademais a súa reutilización para elaborar diferentes materiais útiles para o instituto como pezas de xadrez.

CONCENTRACIÓN SOCIAL

O mellor proxecto englobado dentro da temática da “Economía Circular” foi o   “Concentrador solar”, de Inés Fernández e Carlota Armesto, do IES Monelos da Coruña. Trátase dun concentrador solar con forma de paraboloide e fabricado con cartón reutilizado e materiais reciclables, destinado a mellorar a produción de enerxía eléctrica utilizando un sistema de concentración da enerxía.

MATERIAL MÉDICO CON DROMS

drones_valoracion_popular
drones_valoracion_popular

Houbo ademais un premio especial para o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os que participaron na modalidade online. O gañador foi unha proposta de Rede Internacional de Transportes Aéreos Médicos, impulsada por Paula MendívilMaría Calvó, do Colexio de Fomento Montespiño de Culleredo. A idea é ofrecer servizos de transporte de material médico a hospitais e bancos de sangue mediante drons. Apuntan que “ás veces as urxencias fanse complexas, porque non hai un transporte eficiente e rápido do material médico, polo que os drons solucionan estes dous problemas”.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

A alumna gañadora do concurso de fotografía a través de Instagram, baseado na temática desta edición de Galiciencia, a “Economía Circular” foi Lucía Grela, de 2º da ESO do Colexio María Inmaculada de Silleda. A imaxe, titulada Vida artificial, amosa o nexo de unión entre a enerxía e a natureza, como dependemos dos recursos naturais para subsistir e, ao mesmo tempo, como a sobreexplotación dos recursos ameaza a sostibilidade do planeta. Pola súa parte, o docente gañador foi Marcos Ojea, profesor do IES Pedra da Auga de Ponteareas. Co título Economía circular galega, esta instantánea reflicte que o concepto da economía circular, adoptado hai tan só unhas décadas, xa existía desde moito antes, na época dos nosos avós, que empregaban técnicas para a agricultura baseadas nun modelo produtivo que implica a reutilización e a reciclaxe dos materiais.

1ganadores_todos
Todos los ganadores.

 

Proxecto de desenvolvemento de cosmética natural, primeiro premio Galiciencia
Comentarios