viernes. 26.04.2024

A insuficiencia venosa crónica afecta ao 77% das mulleres maiores de 70 anos

Nesta liña, salienta que o 77% das mulleres maiores de 70 anos sofre insuficiencia venosa crónica, sobre todo nos membros inferiores. Isto conleva a aparición de edemas nos nocellos e nas pernas, que non desaparecen co paso do tempo; a pel tórnase escura e seca, e pode abrirse até a aparición de úlceras que non cicatrizan segundo avanza a enfermidade.
Los expertos médicos destacan los beneficios de la balneoterapia para abordar la insuficiencia venosa crónica.
Expertos médicos salientan os beneficios da balneoterapia para abordar a insuficiencia venosa crónica.

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, o balneario ourensán de Arnoia acolle esta fin de semana unhas xornadas centradas no tratamento das lesións vasculares mediante balneoterapia. Un grupo de futuros médicos da Universidade de Santiago, que se están a formar na cura termal, coñecerán as aplicacións das terapias con augas mineromedicinais para abordar este tipo de doenzas.

A coordinadora deste seminario é a doutora Dolores Fernández Marcos. É médico especialista en hidroloxía médica e directora médico de Caldaria, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias e Lobios. Indica que “a patoloxía venosa crónica ten unha incidencia elevada, sobre todo no sexo feminino”. Nesta liña, salienta que o 77% das mulleres maiores de 70 anos sofre insuficiencia venosa crónica, sobre todo nos membros inferiores. Isto conleva a aparición de edemas nos nocellos e nas pernas, que non desaparecen co paso do tempo; a pel tórnase escura e seca, e pode abrirse até a aparición de úlceras que non cicatrizan segundo avanza a enfermidade.

Esta doenza maniféstase coa aparición de edemas e úlceras nos nocellos e nas pernas, que non desaparecen nin cicatrizan co paso do tempo

A doutora explica que as propiedades das augas mineromedicinais -en particular as sulfuradas, clorurado sódicas e sulfatado mágnesicas- melloran o trofismo dos tecidos do organismo e a cicatrización. Ademais, sinala que este tipo de aguas son antisépsicas, o que contribúe ao tratamento destas lesións, xunto coas medidas hixiénico-posturais e nutricionais como medida preventiva nas primeiras fases da enfermidade.

A cura balnearia aplica técnicas que melloran a circulación de retorno como a hidrocinesiterapia -realización de exercicio físico na auga-, pediluvios, pasillos de marcha, duchas circulares e a balneación en xeral; a unha temperatura entre 34 e 37 ºC. A doutora incide en que “cómpre ter en conta que a pel neste proceso vascular vaise danando e co tempo é unha porta de entrada a xermes que poden prexudicar ao enfermo, polo que se debe realizar o tratamento baixo a supervisión de persoal profesional”.

Os futuros facultativos coñecerán os beneficios terapéuticos das aguas

As xornadas comezan o venres ás 16:30 horas cunha sesión teórica centrada nas indicacións da balneoterapia para tratar as patoloxías vasculares, da man da doutora Fernández Marcos, seguida dun percorrido polo balneario. Logo terán unha charla sobre o protocolo que debe seguirse con estes pacientes á hora de realizar exercicios na agua.

O sábado os futuros médicos coñecerán como se aplican os protocolos terapéuticos nun balneario coa doutora de Caldaria María Uxía Álvarez Real. De seguido, terán a oportunidade de realizar unha sesión práctica nas instalacións do balneario de Arnoia.

 

A insuficiencia venosa crónica afecta ao 77% das mulleres maiores de 70 anos
Comentarios