martes. 30.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.022, deles 741 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 264 da de Ourense, 458 da de Pontevedra, 894 da área de Vigo, 347 da de Santiago e 114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 174 en unidades de hospitalización e 2.802 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.129 persoas curadas, rexistrándose 2.384 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.023.710.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.002.303.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS3.022              0 usuarios
            0 profesionais
FALECEMENTOS2.384            355 en residencias
            435 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
NÚMERO DE POSITIVOS586
AULAS PECHADAS33
CENTROS PECHADOS0

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Galicia rexistra un total de 3.022 casos activos por coronavirus