sábado. 18.05.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 28.539 deles 6.089 son da área da Coruña, 3.210 da de Lugo, 3.321 da de Ourense, 3.152 da de Pontevedra, 5.855 da área de Vigo, 5.052 da de Santiago e 1.544 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 543 en unidades de hospitalización e 27.964 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 454.837 persoas curadas, rexistrándose 3.074 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.668.736.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.518.539.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 28.539 casos activos por coronavirus