domingo. 19.05.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.834 deles 4.910 son da área da Coruña, 2.672 da de Lugo, 2.766 da de Ourense, 2.454 da de Pontevedra, 4.555 da área de Vigo, 3.935 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 535 en unidades de hospitalización e 22.270 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 464.890 persoas curadas, rexistrándose 3.082 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 19 de febreiro:
Home de 88 anos, na área sanitaria de Vigo.
Muller de 93 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 22 de febreiro
Home de 90 anos, na área sanitaria da Ferrol.

Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.679.098.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.522.178.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 22.834 casos activos por coronavirus