martes. 30.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.789, deles 626 son da área da Coruña, 175 da de Lugo, 223 da de Ourense, 426 da de Pontevedra, 828 da área de Vigo, 424 da de Santiago e 87 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 2.613 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.772 persoas curadas, rexistrándose 2.403 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.174.358.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.607.310.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 2.789 casos activos por coronavirus