miércoles. 24.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.539 deles 2.130 son da área da Coruña, 1.018 da de Lugo, 1.306 da de Ourense, 1.048 da de Pontevedra, 1.806 da área de Vigo, 1.548 da de Santiago e 670 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 18 están en UCI, 530 en unidades de hospitalización e 8.991 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 600.588 persoas curadas, rexistrándose 3.487 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 24 de maio:

Muller de 91 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 84 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 92 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 83 anos, na área sanitaria de Ferrol.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.897.432.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.658.024.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 9.539 casos activos por coronavirus
Comentarios