viernes. 26.04.2024

Galicia rexistra un total de 2.115 casos activos por coronavirus

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.115, deles 495 son da área da Coruña, 283 da de Lugo, 354 da de Ourense, 211 da de Pontevedra, 280 da área de Vigo, 307 da de Santiago e 174 da de Ferrol.
Nieves Cabo Vidal recibe a segunda dose da vacina contra a covid-19 que comeza a dispensarse na residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela. 17 de xaneiro de 2021
Nieves Cabo Vidal recibe a segunda dose da vacina contra a covid-19 que comeza a dispensarse na residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela. 17 de xaneiro de 2021

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.115, deles 495 son da área da Coruña, 283 da de Lugo, 354 da de Ourense, 211 da de Pontevedra, 280 da área de Vigo, 307 da de Santiago e 174 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 1.919 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 666.527 persoas curadas, rexistrándose 3.862 falecementos.  

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 11 de agosto:

Home de 70 anos, na área sanitaria de Vigo.

Home de 87 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.965.883.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.718.201.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 2.115 casos activos por coronavirus
Comentarios