sábado. 20.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.312, deles 224 son da área da Coruña, 218 da de Lugo, 274 da de Ourense, 113 da de Pontevedra, 215 da área de Vigo, 181 da de Santiago e 83 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 126 en unidades de hospitalización e 1.179 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 671.548 persoas curadas, rexistrándose 3.902 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 3.977.179.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.729.857.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 1.312 casos activos por coronavirus
Comentarios