sábado. 27.04.2024

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, incidiu na relevancia da detección precoz da enfermidade de ril durante a xornada de sensibilización organizada pola Fundación Renal esta mañá na praza do Toural, en Santiago de Compostela, con motivo da conmemoración do día mundial do ril o próximo xoves.

“En sanidade, todo o que sexa anticiparse, como neste acto, é un éxito. De feito, de cada 10 persoas con enfermidade renal, 9 delas descoñéceno”, sinalou o director xeral ao referirse ás probas rápidas que realizou a fundación. Con elas, a través dunha simple punción no dedo índice para medir a creatina e a glucosa e unha toma da tensión arterial, o persoal da Fundación Renal puido obter datos que indiquen unha sospeita de enfermidade renal na poboación participante.

Nas súas palabras, Aboal, quen estivo acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, salientou que Galicia acadou o pasado ano o seu nivel máis baixo de lista de espera en transplantes renais, con 140 persoas, cando hai 10 anos eran 314. Desde o primeiro transplante deste tipo que realizou o Sergas en 1981, leváronse a cabo máis de 4.900.

De cada 10 persoas con enfermidade renal, 9 delas descoñéceno
Comentarios