domingo. 14.06.2026
Vigo área metropolitana

O día grande da Festa da Rosa deixa no Pazo de Mos unha xornada para lembrar

A Festa da Rosa viviu este sábado o día grande da súa 53ª edición cunha intensa xornada no Pazo de Mos, onde centos de persoas se reuniron para celebrar unha das citas máis emblemáticas do municipio. A tradición floral, o Concurso da Empanada de Millo, a ofrenda aos Marqueses de Mos, o pregón de Touriñán, o nomeamento dos novos Valedores e Valedoras da Rosa e a inauguración da I Feira do Viño Rosado de Galicia marcaron unha celebración na que tamén tiveron un papel destacado a música, a gastronomía local e a participación veciñal. Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que volveu poñer en valor a identidade mosense, a forza das súas parroquias e a capacidade de Mos para unir historia, cultura e convivencia arredor da súa rosa máis simbólica.
Comentarios
O día grande da Festa da Rosa deixa no Pazo de Mos unha xornada para lembrar