O outro día Michael, o meu profesor de inglés, contoume varias historias do Camiño de Santiago, comezando pola de Iris, unha holandesa de 24 anos.
Ao nacer Iris podía ver un 10%, pero desde os 6 anos só pode distinguir entre a luz e a escuridade. Ao acabar os estudos decidiu facer o Camiño Portugués, optando polo Central porque no costeiro faría máis frío, sobre todo para o seu can, o cal lle fai sentirse a salvo e sobre todo é un amigo.
Ao chegar a Santiago sentía moi asustada e sentouse nun café dúas horas, preguntándose se debía seguir e a súa resposta era sempre si, pero non conseguía comezar. Finalmente fíxoo e desde o principio atopou xente que lle axudou a cruzar a ponte sobre o río, a avanzar un pouco… O primeiro día só camiñou 6 qm e o segundo sentía moito máis confiada, e os peregrinos dicíanlle “bo Camino” e axudábanlle a seguir. Ese día percorreu 17 qm e logo 20 ou ás veces máis. Sempre que podía durmía en albergues, onde nunca tivo problemas polo seu can.
Ao comezo perdíase e chegou a crer que non chegaría a Santiago, pero cada día sentía máis confiada, sabendo que os peregrinos lle avisarían do que necesitase: por alí non, por alí vas ben…
A súa mochila era moi pesada porque levaba unha tenda por se non era aceptada nalgún sitio e a comida do seu can, pois non podía comprala en todas partes. Só ao final sentiu dor de xeonllos.
No Camiño Iris fixo moitos amigos. Perdíase a miúdo, mesmo en bosques, pero sempre aparecía alguén que a recoñecía e chamaba polo seu nome. Ao camiñar xuntos varias horas ao día falando de cousas importantes, a relación que se creou entre eles é moi especial.
Cando comezou non pensaba en tratar de axudar a ninguén coa súa experiencia, facíao para ela. Pero a xente dicíalle que lle inspiraba e debía difundila para axudar a outros a superar os seus medos. Ela non pensara niso, pero tal vez podería servir para convencer a xente de que, se ten confianza en se mesmo, todo é posible. Cre que só é necesaria esa confianza e en que os outros te axudarán.
A súa experiencia é que podes fiarche sempre de alguén. En realidade é a experiencia da súa vida, que se pode fiar do seu can e da xente.
A continuación, Michael contoume a historia de Julia, unha española de 81 anos que comezou a facer o Camiño despois de xubilarse; a primeira vez coa súa sobriña neta de 15 anos e a segunda co seu irmán pequeno de 10.
Como agora ten roto un menisco, di que só pode facer o Camiño como lle permite o xeonllo, contando que un día percorre 20 qm, outro 10 ou 5 e ao seguinte 25.
Julia traballou 42 anos en Iberia, viaxaba en avión e tras a súa xubilación, cunha boa pensión, vivía moi ben con amigos, teatros, museos… Pero desde que descubriu o Camiño a súa vida cambiou. Non máis avións, senón Camiño, botas e mochilas. Engadiu mesmo un novo círculo de amigos, porque no Camiño hai un idioma distinto, o sorriso e o xesto, non hai límites; e dunha experiencia así xurdiron os seus novos amigos, moi diferentes aos anteriores. Nada ten que ver coa súa vida anterior.
Ao acabar Michael díxome que, na web da Fundación Xacobea, peregrinos de máis de 30 países contan as súas experiencias. Moitas llas sabe de memoria porque foi quen as traduciu ao inglés.
