jueves. 25.04.2024

25 anos das emisións en directo da web da CRTVG

Xunto co Xacobeo, Galicia Calidade e a Cidade da Cultura é un dos proxectos que teño axudado a poñer en marcha con máis motivación, nedte caso cun equipo xoven liderado nos seus inicios por Xosé María Fernández Pazos, no que participaron grandes profesionais dos medios públicos, da tecnoloxia como Antonio Agrasar, do diseño, como Jesús Fraga. Inesquecibles Manuela, Manolita, Margarita Álvarez Bustelo , Borja, Zumalave, e todos os becarios que por alí pasaron. 
PANTALLA

Hoxe, Día das Letras Galegas 2022, fai 25 anos que a CRTVG emitiu por vez primeira en directo en Internet, foi a primeira de Europa e a séptima do mundo en facelo. Alí estivemos, o servicio de Galicia, da exterior e da interior, da urbana e da rural, da terra e do mar, da cultura e dos deportes, do cine, e por suposto da radio e da televisión, tamén da promoción turística, na que triunfarón as cámaras web nos Camiños de Santiago e nos principais recunchos.

Xunto co Xacobeo, Galicia Calidade e a Cidade da Cultura é un dos proxectos que teño axudado a poñer en marcha con máis motivación, nedte caso cun equipo xoven liderado nos seus inicios por Xosé María Fernández Pazos, no que participaron grandes profesionais dos medios públicos, da tecnoloxia como Antonio Agrasar, do diseño, como Jesús Fraga. Inesquecibles Manuela, Manolita, Margarita Álvarez Bustelo , Borja, Zumalave, e todos os becarios que por alí pasaron. Tamén Emma Caneiro, Cadi, Nuria, Lola, Cruz Andrade, o asesor xurídico, Luis Guerra, José Ramon Bernal, o Administrativo, Chicho Vieites,  o xefe técnico, Antonio Posse,  Jesús Argibay, Tomás Fernández, Fernando Madriñán, Carlos Carballo, Teo Abad, Coira, Suso Iglesias, Paulino Novo, Alfonso Cabaleiro, Arturo Maneiro, Xosé Luis Blanco, Quintanilla, o xefe de prensa, Anxo Carballeira.... Algún xa non está entre nòs. Non podo citar a 1.500.

Francisco Campos, Director Xeral entón,  deunos libertade para poñer en valor o directo e os fondos documentais, para chegar a cada recuncho da Autonomía, para levar Galicia o mundo enteiro. Contamos co apoyo do Presidente Manuel Fraga e con Jesús Pérez Varela, Conselleiro de Cultura e do seu equipo: Andrés Murga, Rosanna López Salgueiro, José Manuel Soto, Ángel Sicart, Joaquín Alonso, Senín, José Manuel García Iglesias, Anxel Currás, María Antón, Pablo.... e do exterior contamos co asesoramento de Pilar Corredoira, que nos axudou con ARTVG. Apoiaron ós pintores, escultores, fotógrafos,  as tres Universidades -,Santiago, Coruña e Vigo-, a FORTA, os Museos, as Bibliotecas, o AGADIC, Política Lingúistica, a Academia Galega, o Consello da Cultura, os Concellos, as Deputacións,  as galerías, as productoras e os medios de comunicación....

CRTVG

25 anos despois, cun novo e decidido entendemento, e novas posibilidades técnicas e presupuestarias, a páxina da CRTVG é una gran realidade cun novo Director Xeral como Alfonso Sánchez Izquierdo e o seu formidable equipo.

Galicia o servicio de Galicia e dos galegos, vivan en donde vivan. Na miña modesta opinión, ese segue a ser o camiño.

Parabéns a todos, especialmente a cantos conforman ou conformaron a CRTVG, a RG e a TVG. Bós e xenerosos. A todos, grazas.

Alberto Barciela
Xornalista
Ex Director de Comunicación, Documentación, Teletexto e Internet da CRTVG

25 anos das emisións en directo da web da CRTVG
Comentarios