domingo. 28.04.2024

Salvaterra de Miño viviu con emoción a súa Festa do Viño na súa 64 edición. Unha homenaxe a todos os integrantes deste sector.

A Confraría do Viño do Condado e Espumantes convidou as confrarías irmás de Galicia, de España e do estranxeiro. Todas foron testemuñas da investidura de novos confrades.

Os novos confrades numerarios, deste 28 capítulo, son José Hortas García, José Antonio Presa Garrido e Patricia Gil López. Os honorarios, Isidoro Serantes Serantes e Roberto Vilar Fernández, cómico pregoeiro da Festa.

CATA Á PROCURA DOS VIÑOS DELICIOSOS

Outro momento emocionante foi o resultado da vixésimo oitava cata para procurar os Viños deliciosos de 2023. Na categoría de Tintos DO Rías Baixas: Terras do Sur (Adega José Antonio Canda Gil);

 

Na categoría de Albariños DO Rías Baixas: ARAVO (Adega Chan de Vide), Eido da Fonte (Eido da Fonte SL) e La Val (Adegas La Val).

Na categoría Condado do Tea DO Rías Baixas: Señorío de Rubiós Condado (Adegas Señorío de Rubiós SL), Piñeiral (Adegas Señorío de Rubiós SL) e Arbastrum (Adegas Eidosela).

No recinto amurallado, o cómico Roberto Vidar arrancou risas entre o público coas súa bromas. Vidar afirmou que ser pregoeiro é recibir o cariño da xente. O televisivo de Land Rober felicitou o sector polo esforzo de facer uns bos viños Albariños e Condados Rías Baixas.

O público encheu o recinto amurallado desde o venres ata o domingo. As noites gastronómicas estiveron moi concorridas. As actuacións musicais tamén foron reclamo para acudir á festa. As adegas nas súas casetas despacharon os viños da súa marca a un público con moitas ganas de degustar os caldos.

Os Condados e Albariños da subzona do Condado, DO Rías Baixas, seguen a ter poder de...
Comentarios