viernes. 26.04.2024

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe ao chef con 12 Estrelas Michelin Martín Berasategui antes de realizar varias etapas do Camiño de Santiago entre a capital compostelá e Ourense, ao que agradeceu que se converta nun gran embaixador e aliado para dar a coñecer neste Ano Santo as rutas xacobeas e tamén a calidade da cociña galega. De feito, incidiu en que precisamente o Camiño de Santiago é un reclamo para descubrir a gastronomía da comunidade.

Tamén puxo como exemplo de iniciativa para poñer en valor o potencial da cociña de Galicia no contexto da celebración do Ano Santo a iniciativa solidaria Estrelas no Camiño, impulsada polos irmáns Rial da Casa Barqueiro de Negreira e apoiada pola Xunta da que se destinan os fondos obtidos a Cáritas Santiago. A peregrinación de Berasategui supón a antesala dunha nova edición este ano da comida, que volverá a reunir a restauradores de toda España con Estrelas Michelin.

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou que a combinación de materias primas de primeira calidade e a profesionalización do sector da hostalería sitúa a Galicia como destino enogastronómico de excelencia, o que explica que a gastronomía sexa, xunto coa natureza, o un dos motivos máis escollidos polos turistas para visitar a comunidade. Nesta liña, lembrou que a calidade da gastronomía galega vén acreditada coa 16 Estrelas Michelin concedidas este ano a 15 restaurantes galegos, así como os 24 incluídos na categoría Bib Gourmand e os 3 con Estrela Verde polo seu compromiso coa sustentabilidade.

Do mesmo xeito, sinalou que a gastronomía é un dos atractivos que ofrece o Camiño de Santiago e que a Xunta potenciou con iniciativas como Écociña no Camiño, unha proposta pensada para dar a coñecer a peregrinos e turistas a oferta de calidade e sostible da hostalería galega nas rutas xacobeas, que incluíu demostracións de menús autóctonos nas prazas de abastos con produtos de proximidade.

Por todo iso, a gastronomía é unha das fortalezas do turismo en Galicia e nese ámbito os a calidade das materias primas ten moito que dicir da man dos grandes cociñeiros que hai na comunidade, da mesma maneira que o Camiño de Santiago é un sinal de identidade de Galicia.

Ademais, Alfonso Rueda explicou que tanto o Camiño de Santiago como a gastronomía son dous puntos fortes do turismo galego e encaixan co modelo baseado na seguridade, a calidade e a sustentabilidade que recolle o Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro ofrecendo aos viaxeiros o turismo tranquilo en espazos abertos e en contacto coa natureza que demandan trala pandemia do coronavirus.

Camiño de Santiago, reclamo para descubrir a gastronomía galega