sábado. 05.10.2024

A Xunta rexeita de plano a discriminación dos gandeiros galegos nas medidas do Goberno central que hoxe se publican no Boletín Oficial do Estado

O conselleiro do Medio Rural, José González, vén de trasladarlle ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación o que cualifica de “discriminación territorial inaceptable” que prexudica a Galicia, tras analizar as medidas do Goberno central para paliar a seca e os efectos da invasión rusa de Ucraína que hoxe se publican mediante Real Decreto-lei no Boletín Oficial do Estado (BOE). Malia a valoración inicial positiva de onte, ao entender que se atendían demandas que viñan sendo reiteradas desde Galicia, o conselleiro rexeita hoxe de plano o detalle das medidas, ao confirmarse -asegura- a discriminación da nosa comunidade.
ARQUIVO.

Así, no caso dos sectores cárnico e lácteo, o titular de Medio Rural considera “inaceptable” que Galicia só poida recibir un 25 % dos importes previstos para cada especie e orientación produtiva, porcentaxe destinada ás comunidades que o Goberno central establece como de afectación moderada pola seca, situación na que tamén se atopan -por exemplo- o resto de autonomías da Cornixa cantábrica. Deste xeito, esas primas que onte se anunciaron “a bombo e platillo”, segundo José González, quedarán en menos de 40 euros por vaca nutriz de carne e en 15 euros no caso do vacún de leite. No caso da apicultura, dos 5 millóns previstos para o conxunto do Estado, para Galicia virán unicamente 15.500 euros, outra cantidade considerada insuficiente para a nosa comunidade.

Segundo o titular de Medio Rural, estes datos constatan que se está a materializar unha “discriminación por territorios no caso das axudas directas”, malia que na exposición de motivos se explica claramente que as medidas aprobadas se deben tamén ao incremento de custos de produción derivado da invasión rusa de Ucraína, un incremento que afecta de cheo aos gandeiros galegos, “sen que os prezos en orixe sexan capaces de cubrir aínda ese incremento”, puntualiza.

Deste xeito, o conselleiro amosa un rexeitamento frontal ao que considera unha discriminación territorial que afecta a Galicia e que só vén confirmar, di, que as medidas aprobadas unicamente responden a un fin electoralista, a 15 días dos comicios municipais.

A Xunta rexeita de plano a discriminación dos gandeiros galegos nas medidas do Goberno...
Comentarios