jueves. 28.03.2024

A Xunta resolve favorablemente oito proxectos eólicos vinculados a Alcoa

Conde precisou que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW.
1Conde precisa que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou esta tarde ao comité de empresa de Alcoa de que oito parques eólicos vinculados á planta de San Cibrao obtiveron a declaración de impacto ambiental favorable no prazo establecido polo Goberno.

Conde precisou que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW.

Segundo dixo, tanto Enel como Greenalia teñen agora a opción de estudar con Alcoa a incorporación a estas PPA doutros parques dos que obtiveron a DIA favorable, que suporían 230,5MW máis e que están fóra dos acordos subscritos. Pola súa banda, tamén lembrou que Alcoa ten a posibilidade de asinar novos contratos de subministración con outros promotores que acaban de obter a DIA positiva, cuxos proxectos suman 2000MW adicionais.

Por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Conde apuntou que en total se autorizaron 7 parques eólicos declarados excepcionais pola Administración autonómica. Cinco, vinculados a Alcoa e promovidos por Enel, que se veñen sumar aos aprobados pola Xunta, e dous de Showa Denko, no marco da PPA que ten asinada con Greenalia.

O vicepresidente informou tamén de que tres parques foron arquivados polo Goberno por non dispoñer dos informes favorables da Xunta, entre outros motivos, por estar fóra do Plan sectorial eólico de Galicia. E, no caso do parque eólico Huracán, asegurou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica terá que aclarar por que foi aprobado cando está fóra do devandito plan e non tiña autorizada a excepcionalidade por parte da Administración autonómica.

Conde recalcou que os proxectos eólicos suxeitos a PPA, xunto cun prezo eléctrico competitivo, son a solución que garante o futuro da planta de Alcoa San Cibrao e asegurou que a Xunta de Galicia vai seguir traballando nesa liña. Ao respecto, pediu ao Goberno e a Alcoa que “non se dilaten máis os compromisos” para que se poida reactivar a totalidade da planta en xaneiro de 2024, como estaba previsto, para o cal volveu insistir en que Goberno ten que establecer un marco enerxético favorable.

A Xunta resolve favorablemente oito proxectos eólicos vinculados a Alcoa
Comentarios