sábado. 20.07.2024

Xerando sinerxías entre empresas e centros de coñecemento vinculados coa dixitalización e a sustentabilidade

O programa de Unidades Mixtas de Investigación ten permitido captar o interese de grandes empresas tractoras dispostas a desenvolver os seus proxectos de I+D+i en Galicia. Neste sentido, ao Grupo ArcelorMittal, con presenza en Galicia, a súa mostra de confianza cara ao talento do ecosistema galego de innovación e investigación.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño na presentación do balance desta iniciativa, que mobilizou 2,5 millóns de euros de investimento público-privado.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no Porriño na presentación do balance desta iniciativa, que mobilizou 2,5 millóns de euros de investimento público-privado.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a a Unidade Mixta impulsada por ArcelorMittal e o centro tecnolóxico Aimen, enfocada ao desenvolvemento de novas tecnoloxías para a fabricación de produtos de aceiro nos sectores metalúrxico e metal-mecánico, permitiu dar resposta aos grandes retos que atravesa esta industria, onde a innovación é máis necesaria que nunca para aumentar a diversificación e a eficiencia enerxética e de recursos.

Así, apuntou que os resultados obtidos por esta iniciativa, que contou cun orzamento total de 2,5 millóns de euros, dos que a Xunta achegou 750.000 euros, supuxo unha clara oportunidade para que Aimen poida posicionarse como provedor de tecnoloxías para a fabricación de alto rendemento e o uso de novos materiais.

Na súa intervención, Conde salientou que o programa de Unidades Mixtas de Investigación ten permitido captar o interese de grandes empresas tractoras dispostas a desenvolver os seus proxectos de I+D+i en Galicia. Neste sentido, ao Grupo ArcelorMittal, con presenza en Galicia, a súa mostra de confianza cara ao talento do ecosistema galego de innovación e investigación.

O obxectivo do programa, tal e como resaltou Conde, é xerar sinerxías entre empresas e centros de coñecemento, para responder aos retos da industria no contexto actual, vinculados coa dixitalización e a sustentabilidade. Só coa última convocatoria que se vén de resolver vanse mobilizar 24 millóns de euros, incluíndo un investimento público de 9 millóns de euros. Isto permitirá impulsar seis novas Unidades Mixtas, e como novidade, a posta en marcha dos tres primeiros Centros Mixtos de Investigación, que dan estabilidade a algúns dos proxectos máis importantes que se están a desenvolver en Galicia.

En total, grazas ás nove convocatorias lanzadas ata a data, van ser 55 Unidades Mixtas de Investigación desenvolvidas en Galicia, coa participación de 39 empresas, na súa maioría grandes compañías, e 14 centros de coñecemento, e un investimento mobilizado de case 155 millóns de euros.

Así, as Unidades Mixtas de Investigación sitúan a Galicia como precursora no desenvolvemento de proxectos de I+D+i vinculados co novo modelo de industria dixital e sustentable, e tamén como referente no fomento da colaboración público-privada para dar resposta aos retos do contexto actual.

Xerando sinerxías entre empresas e centros de coñecemento vinculados coa dixitalización...
Comentarios