domingo. 26.05.2024

‘Shiitake Trives’

Lorenzana puxo en valor a velocidade de cruceiro que este proxecto apoiado en 2019 pola Administración autonómica está a tomar, coa apertura xa de cinco invernadoiros no que se cultivan cogomelos shiitake, e coa última colleita situada nunha tonelada desta variedade. Shiitake Trives, dixo, é o cumprimento do soño de “Geli” que quixo desenvolver unha iniciativa sostible para aproveitar os recursos das fragas e crear riqueza na súa contorna, para o que contou cos apoios da Xunta de Galicia, destacou a conselleira.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou os invernadoiros da empresa beneficiaria das axudas Emega a mulleres emprendedoras.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, coñeceu este mércores de primeira man, acompañada do delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, o proxecto empresarial de María Ángeles González Rodríguez, beneficiaria do programa autonómico de emprendemento feminino Emega, co que puxo en marcha Shiitake Trives, unha iniciativa baseada na produción de cogomelos en troncos de carballo.

Lorenzana puxo en valor a velocidade de cruceiro que este proxecto apoiado en 2019 pola Administración autonómica está a tomar, coa apertura xa de cinco invernadoiros no que se cultivan cogomelos shiitake, e coa última colleita situada nunha tonelada desta variedade. Shiitake Trives, dixo, é o cumprimento do soño de “Geli” que quixo desenvolver unha iniciativa sostible para aproveitar os recursos das fragas e crear riqueza na súa contorna, para o que contou cos apoios da Xunta de Galicia, destacou a conselleira.

A firma conta na actualidade co certificado Ceaega do Consello regulador da agricultura ecolóxica galega que garante o cultivo ecolóxico deste produto.

Esta empresaria foi beneficiaria no ano 2019 do programa autonómico Emega que promove o emprendemento feminino e tamén recibiu apoios no marco da liña de Promoción do Emprego Autónomo que se convoca anualmente.

O Goberno galego seguirá a consolidar este ano a convocatoria Emega, que, tras 26 anos de traxectoria, contará cun orzamento de 4 millóns de euros destinados á posta en marcha de iniciativas emprendedoras, a reactivar ou innovar as xa existentes, a impulsar proxectos tecnolóxicos e a favorecer a conciliación das promotoras.  “As mulleres están a acadar cada vez máis postos no emprendemento, queremos que eses negocios crezan e xeren novos empregos”, afirmou a conselleira de Promoción do Emprego.

Nos últimos 13 anos, entre 2009 e 2022, o programa tivo un incremento do seu orzamento do 203%, lembrou Lorenzana, quen indicou que en total foron máis de 18,4 millóns de euros os destinados a apoiar 1.480 proxectos de emprendemento feminino, crear 2.084 empregos novos de mulleres e consolidar outros 648.

Axudas ao traballo autónomo

A Xunta de Galicia, noutra orde de cousas, convocou o pasado 24 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia dous novos programas de axudas dirixidos ás persoas traballadoras por conta propia que con 20 millóns de euros de investimento que se sumarán aos 30 millóns da liña de Impacto Autónomo convocada para atenuar as consecuencias da suba de custos motivados pola inflación. Trátase de Xempre Autónomo, que contará con 12 millóns de euros de orzamento, para apoiar o inicio de actividade; e do Bono Autónomo que con 8 millóns financiará investimentos para a consolidación dos negocios. Ambas as dúas manteñen aberto o seu prazo de solicitude ata o próximo 29 de setembro.

‘Shiitake Trives’
Comentarios