viernes. 03.05.2024

‘RuralYouthFuture’, fomento do emprego xuvenil no rural

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou ás partes interesadas —os chamados stakeholders— o proxecto RuralYouthFuture no que o Goberno galego participa e que está liderado pola Fundación Galicia Europa. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o emprego xuvenil entre a mocidade do rural e o desenvolvemento sostible destas zonas.  
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantén unha reunión cos skateholders do programa Rural Youth Future.

Ao encontro asistiron membros de distintos departamentos do Goberno galego e tamén da Cámara de Comercio de Santiago, da Universidade de Vigo, da Eurocidade Chaves-Verín, da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco e da asociación Amicos, que axudarán a nutrir este proxecto con boas prácticas e coa súa experiencia e coñecementos. A reunión serviu para dar a coñecer os detalles deste proxecto que foi elixido por Interreg Europe 2021-2027 e que terá 36 meses de duración, desde o mes 1 de marzo de 2023 ata o 28 de febreiro de 2027.

RuralYouthFuture enfocarase desde seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder ás necesidades da xuventude nos territorios rurais, os cales están experimentando un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica. O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.

‘RuralYouthFuture’, fomento do emprego xuvenil no rural
Comentarios