sábado. 07.12.2024

Os programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor impulsan a consolidación de empresas e negocios

A primeira das iniciativas desenvólvese en colaboración coa Fundación Ronsel desde o ano 2020 para reducir os riscos na actividade profesional das persoas traballadoras autónomas, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións destas iniciativas autonómicas.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións destas iniciativas autonómicas.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións dos programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor cos que a Xunta busca, entre outros, impulsar a consolidación de empresas e negocios.

A primeira das iniciativas desenvólvese en colaboración coa Fundación Ronsel desde o ano 2020 para reducir os riscos na actividade profesional das persoas traballadoras autónomas, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.

A edición 2023 da iniciativa acaba de rematar coa participaron de 214 autónomos: principalmente mulleres (70%) con estudos universitarios ou de mestrado e dun tramo de idade comprendido entre os 30 aos 49 anos.

O prazo de inscrición para optar a unha das 200 prazas do programa en 2024 abrirase o vindeiro mes de marzo ata esgotar a oferta.

Poderán participar, estando de alta como autónomos, os traballadores que leven como mínimo 42 meses de actividade económica e teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. Terán prioridade aquelas persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado ao seu cargo.

“Na Xunta pensamos que este programa está a axudar ás persoas traballadoras autónomas porque lles garante un acompañamento no proceso de consolidación dos seus negocios, permitíndolles incrementar os seus contactos profesionais, así como a súa actividade económica”, indicou Rivo.

GALICIA CAMIÑO EMPRENDEDOR

Pola súa banda, Galicia Camiño Emprendedor realízase tamén en colaboración coa Fundación Ronsel e, ademais, coa Axencia Turismo de Galicia. Con esta acción, búscase facilitar a xeración de contactos profesionais entre os participantes e promocionar Galicia e o Camiño de Santiago como destino de ocio e actividade económica.

O prazo de solicitude abrirase o vindeiro luns 12 de febreiro na páxina web da Oficina do Autónomo, no apartado de programas, programa Galicia Camiño Empendedor - 2024. https://oficinadoautonomo.gal/es.  

Rivo puxo en valor a metodoloxía empregada nos dous programas, que se basea na relación de confianza entre o titor e a persoa acompañada. En palabras de Rivo, é unha fórmula que se defende desde a Xunta para desenvolver o potencial das persoas participantes e para xerar un mercado laboral máis forte.

“Traballamos por unha Galicia con máis e mellores oportunidades laborais e, por iso, deseñamos políticas activas de emprego transversais: para os autónomos e emprendedores, pero tamén para as pequenas e medianas empresas e para a economía social”, rematou.

Os programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor impulsan a...
Comentarios