viernes. 26.04.2024

A plataforma de ‘Marketplace’ para produtos agroalimentarios

As actuacións subvencionables inclúen un proxecto de viabilidade comercial elaborado por unha empresa de consultaría especializada de acordo co contido e as características establecidas nas bases reguladoras, ao que se atribúe un investimento máximo de 1500€; e por outra banda, destínanse un máximo de 40.000 euros ao deseño e desenvolvemento do marketplace, ás campañas de marketing e publicidade, á xestión integral do marketplace e ao deseño e creación de produtos sostibles de packaging.

A Xunta de Galicia  acaba de abrir o prazo para solicitar as axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace que deberán estar baseadas nun proxecto de viabilidade comercial e incluír produtos agroalimentarios de orixe e elaboración galegas. Estes apoios contan cun orzamento de 350.000 euros e o período para solicitalos remato o vindeiro 8 de agosto.

As actuacións subvencionables inclúen un proxecto de viabilidade comercial elaborado por unha empresa de consultaría especializada de acordo co contido e as características establecidas nas bases reguladoras, ao que se atribúe un investimento máximo de 1500€; e por outra banda, destínanse un máximo de 40.000 euros ao deseño e desenvolvemento do marketplace, ás campañas de marketing e publicidade, á xestión integral do marketplace e ao deseño e creación de produtos sostibles de packaging.

Entre as entidades que poden optar a ser beneficiarias destes apoios -que se concederán por concorrencia competitiva- están os concellos;rurais galegos cunha poboación inferior aos 10.000 habitantes e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).

A orde de axudas, xestionada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellaría de Economía, Industria e Innovación, contempla a renovación do comercio e a promoción de sectores e produtos galegos nun escenario no cal é preciso incrementar a competitividade da modalidade ao por menor e modernizar e adecuar o comercio de proximidade coa fin de mellorar a súa atracción comercial, así como adaptar os establecementos ás necesidades das persoas usuarias e que os consumidores alcancen así o servizo desexado.

Con esta finalidade, a Xunta de Galicia apoia e incentiva os proxectos que xeren e fomenten a eficiencia e a modernización do comercio galego e, neste caso, mediante a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, o que representa un paso máis no proceso de transformación dixital destes espazos comerciais que deben adaptarse á nova demanda e perfil das persoas consumidoras.

A plataforma de ‘Marketplace’ para produtos agroalimentarios
Comentarios