jueves. 28.03.2024

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, comprometeu hoxe todo o apoio da Xunta de Galicia para que o sector galego da automoción poida participar no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) que prepara o Goberno, polo que pediu que se dean a coñecer canto antes os criterios da convocatoria.

“Galicia ten unha candidatura, o proxecto AutoÁncora, e a través desa candidatura imos impulsar proxectos que poidan responder aos retos da mobilidade eléctrica e conectada”, asegurou Conde, logo de asistir á Mesa sectorial de Automoción, na que estivo presente a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e a de Ciencia e Innovación, Diana Morant. Nesta liña, o vicepresidente económico da Xunta salientou a importancia de coñecer polo miúdo os detalles da convocatoria para que o sector galego da automoción teña a oportunidade de prepararse e competir en igualdade de condicións co resto de comunidades autónomas.

Conde puxo de relevo que, neste momento, o PERTE non está definido, nin están concretadas cales van ser as condicións que se van establecer nas convocatorias que se publicarán no último trimestre de 2021. Ata entón, engadiu, a Xunta vai seguir traballando xunto co sector, encabezado polo Grupo Stellantis, Ceaga e CTAG, para identificar oportunidades de desenvolver novos proxectos.

Novos proxectos de mobilidade eléctrica e conectada