viernes. 26.04.2024

O naval require un Perte á altura do sector en Galicia

Perante a importancia e a transcendencia que ten para o sector este Perte, as empresas galegas uníronse para presentar unha candidatura única e potente que contou co asesoramento da Xunta. O prazo para a presentación de propostas remata o 13 de marzo, e Alfonso Rueda agarda que a convocatoria se resolva de xeito favorable para Galicia tendo en conta que o naval representa o 3,5% do PIB galego e emprega a preto de 13.500 persoas, ademais de ser Galicia a Comunidade autónoma con máis empresas do sector. “Levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo”, dixo. 
O titular do Goberno galego participou na reunión do comité executivo de Navalia.
O titular do Goberno galego participou na reunión do comité executivo de Navalia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, demanda que no Perte do naval o Goberno central teña en conta o peso significativo de Galicia no sector. O mandatario galego reclamouno na reunión que mantivo hoxe co comité executivo de Navalia para a organización da feira do vindeiro ano, un encontro ao que acudiu acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

 Perante a importancia e a transcendencia que ten para o sector este Perte, as empresas galegas uníronse para presentar unha candidatura única e potente que contou co asesoramento da Xunta. O prazo para a presentación de propostas remata o 13 de marzo, e Alfonso Rueda agarda que a convocatoria se resolva de xeito favorable para Galicia tendo en conta que o naval representa o 3,5% do PIB galego e emprega a preto de 13.500 persoas, ademais de ser Galicia a Comunidade autónoma con máis empresas do sector. “Levamos moito tempo facendo as cousas ben e merecemos recoller o froito dese esforzo”, dixo. 

O Goberno galego si respondeu ás necesidades dun dos piares da economía galega, tanto con iniciativas para facer fronte á crise económica -con liñas de financiamento e con programas de formación- como con asesoramento para presentar aos fondos europeos proxectos solventes e competitivos a través da oficina Conecta Naval, na que a Xunta traballa da man de Pymar co tecido empresarial galego. 

UN PROVEITOSO BALANCE

 O comité executivo de Navalia reuniuse para preparar a vindeira feira dun encontro bianual que celebrará no 2024 a súa novena edición avalado polo proveitoso balance da feira do 2022, unha das mellores desde os seus inicios cun 20% máis de presenza estranxeira. 

Navalia é a primeira feira naval do noroeste de España e a terceira de Europa, impulsada pola iniciativa privada como escaparate do sector e punto de encontro para o intercambio de coñecemento nun eido estratéxico para a economía de Galicia e que pende dos fondos europeos para a súa transformación a través da diversificación cara ás enerxías renovables mariñas, a dixitalización da cadea de valor, a sustentabilidade medioambiental e a capacitación do seu persoal.

O naval require un Perte á altura do sector en Galicia
Comentarios