domingo. 26.06.2022

'Imaxina a túa empresa' entrega os premios

Pedro Otero fará entrega dos galardóns do concurso 'Imaxina a túa empresa' a seis grupos de escolares de primaria e secundaria de distintos centros educativos galegos, que presentaron ao certame o proxecto da súa empresa ideal.

O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira, e o director xerente de Afundación, Obra Social ABANCA, Pedro Otero, farán entrega dos galardóns do concurso 'Imaxina a túa empresa' a seis grupos de escolares de primaria e secundaria de distintos centros educativos galegos, que presentaron ao certame o proxecto da súa empresa ideal.

A entrega de galardóns terá lugar ás 11.00 na Sede Afundación de Santiago de Compostela e porá o broche final ao programa «Empresa familiar nas aulas», unha iniciativa da Asociación Galega da Empresa familiar e Afundación para fomentar o emprendemento entre os máis novos e achegar ao alumnado as empresas e os empresarios familiares.

'Imaxina a túa empresa' entrega os premios
Comentarios