martes. 07.05.2024

Galicia presenta en Portugal a súa axenda industrial para impulsar as renovables e a eficiencia enerxética

Proxectos estratéxicos vinculados coa economía circular, como o de Altri (800 M€), ou a planta de fabricación de fertilizantes de Reganosa, Repsol e Naturgy (146 M€). Coas novas fontes de enerxía renovables como o hidróxeno verde, o biogás ou a eólica mariña, como a planta de hidróxeno de Reganosa e EDP nas Pontes (156 M€), ou a de Nervión (25 M€) de estruturas para eólica offshore en Ferrol. Tamén vinculados coa biotecnoloxía, como os proxectos de Zendal (111 M€), Indukern (33 M€) e Lonza (200 M€). Co sector agroalimentario, como os de Estrella Galicia (410 M€), Profand (105 M€) ou Jealsa (112 M€). E coa mobilidade do futuro, como o de Stellantis (600 M€) ou Showa Denko (300 M€).

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presentou hoxe no foro Spertus sobre transición enerxética e competitividade, a axenda industrial de Galicia, que ten entre as súas prioridades o impulso das renovables e a eficiencia enerxética nos fogares, as empresa e a propia Administración, incentivando o autoconsumo e as comunidades enerxéticas.

Conde lembrou que esta mesma semana se presentaron os Orzamentos da Vicepresidencia económica da Xunta, que vai destinar sete de cada dez euros, ata un total de 360 millóns de euros, dos 524 millóns que ten como presuposto, ao desenvolvemento da axenda industrial para a Galicia de 2030.

Segundo dixo, xira en torno a dous elementos clave, que son a dixitalización e a sustentabilidade para impulsar no tecido produtivo galego a dobre transformación enerxética e dixital. Por iso, outra das prioridades vai ser a de fomentar a innovación nas empresas e en facer que os proxectos de investimento en Galicia teñan á súa disposición todos os incentivos e medidas de acompañamento necesarias, como a Lei de simplificación administrativa.

O vicepresidente económico aludiu á oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation para acadar estes obxectivos. E, nese sentido, lembrou que Galicia preparou unha sólida candidatura de proxectos que son o reflexo da aposta que a Xunta quere facer  por impulsar a sustentabilidade e a innovación na industria galega.

Proxectos estratéxicos vinculados coa economía circular, como o de Altri (800 M€), ou a planta de fabricación de fertilizantes de Reganosa, Repsol e Naturgy (146 M€). Coas novas fontes de enerxía renovables como o hidróxeno verde, o biogás ou a eólica mariña, como a planta de hidróxeno de Reganosa e EDP nas Pontes (156 M€), ou a de Nervión (25 M€) de estruturas para eólica offshore en Ferrol. Tamén vinculados coa biotecnoloxía, como os proxectos de Zendal (111 M€), Indukern (33 M€) e Lonza (200 M€). Co sector agroalimentario, como os de Estrella Galicia (410 M€), Profand (105 M€) ou Jealsa (112 M€). E coa mobilidade do futuro, como o de Stellantis (600 M€) ou Showa Denko (300 M€).

Todos, engadiu, están aliñados coas prioridades europeas e do Plan de Transformación e Resiliencia do Goberno de España e son o motor da transformación sustentable en Galicia. Por iso, asegurou que a Xunta vai facer todo o posible por que resulten beneficiados destas axudas.

Galicia presenta en Portugal a súa axenda industrial para impulsar as renovables e a...
Comentarios