domingo. 16.06.2024

Galicia comercializa as súas castañas en 30 países diferentes, cun total de entre 15 e 20 millóns de quilos todas as campañas

A conferencia de mañá martes, 21 de novembro, tratará sobre a comercialización e industrialización da castaña. Impartiraa Jesús Quintá García, director xerente de Alibós  -unha das principais empresas transformadoras de castañas en Europa, con máis de 50 anos de historia, situada na localidade lucense de Monterroso- e presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
Jesús Quintá García, director xerente de Alibós  -unha das principais empresas transformadoras de castañas en Europa.
Jesús Quintá García, director xerente de Alibós -unha das principais empresas transformadoras de castañas en Europa.
“XXXIV Xornadas Luis Asorey”. Esta edición titúlase “Os soutos de castiñeiros: ecosistemas multifuncionais”, cunha serie de conferencias gratuítas que se están a desenvolver no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas. Tamén pode seguirse a través da canle de Youtube da RAGC. As xornadas están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

A conferencia de mañá martes, 21 de novembro, tratará sobre a comercialización e industrialización da castaña. Impartiraa Jesús Quintá García, director xerente de Alibós  -unha das principais empresas transformadoras de castañas en Europa, con máis de 50 anos de historia, situada na localidade lucense de Monterroso- e presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

Na súa intervención abordará as principais especies de castaña que se comercializan na actualidade como a crenata (xaponesa), a mollisima (chinesa) ou a dentata (americana). Nesta liña, asegura que “a mellor é a nosa, a sativa ou castaña europea”. Indica que “é importante falar do pasado, presente e futuro da castaña porque, durante séculos, o froito recollido nos soutos galegos estivo orientado ao autoconsumo, en fresco, e, despois de secalo, consumíase durante case todo o ano. Posteriormente, a medida que se foi incorporando á alimentación noutros produtos, a castaña foi perdendo ese papel de consumo habitual e foise dirixindo cara ao mercado”.

Neste cambio de orientación da produción do autoconsumo á comercialización, a castaña transfórmase en múltiples produtos e formatos. Neste proceso foise apreciando a necesidade de modificacións que se adapten aos requirimentos de mercado como a homoxeneidade, a sanidade, o calibrado ou o pelado, entre outros… Así, o experto incidirá nas principais características que debe cumprir o froito para a súa venda e cales son as principais propiedades organolépticas, industriais e sanitarias que determinan a calidade da castaña.

En Galicia temos a vantaxe de contar coa maioría das empresas de comercialización de castaña, coa maior superficie de castiñeiros de froito e coas variedades de sativa máis demandadas. Temos clientes en máis de 30 países e comercializamos entre 15 e 20 millóns de quilos todas as campañas. Estas cifras dannos unha idea do importante que é profesionalizar o sector para que continúe a ser punteiro a escala nacional e tamén internacional” -manifesta Jesús Quintá-.

A rendibilidade económica dos castiñeiros é moi superior á doutras plantacións forestais e de moitos cultivos agrícolas

Os expertos indican que a entrada en produción dunha plantación depende de dous factores fundamentais: a variedade de castiñeiro e os coidados culturais aplicados como regas, fertilizacións, control da vexetación... Pero aseguran que podemos falar de entre cinco a oito anos, alcanzando a madurez aos 20 ou 25 anos, cunhas producións de entre 10 e 20 quilos de castañas por árbore aos 10 anos e de 50 de quilos de media na súa madurez. Destacan que se se realiza a plantación con marcos de plantación amplos (de 10×10 m) pódense obter producións de entre 4.000 e 6.000 quilos de castañas por hectárea, cunha rendibilidade económica moi superior á doutras plantacións forestais e de moitos cultivos agrícolas.

 

INSCRICIÓN para participar gratuitamente en todas as conferencias.

Galicia comercializa as súas castañas en 30 países diferentes, cun total de entre 15 e...
Comentarios