domingo. 26.05.2024

A compañía Gabadi, exemplo da capacidade da industria auxiliar do naval galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Narón as instalacións de Gabadi, sinalando que esta compañía é un exemplo da capacidade que está a demostrar a industria auxiliar do naval galego.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, destaca a aposta pola innovación e a internacionalización da empresa naronesa, que cumpre 35 anos de actividade.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, destaca a aposta pola innovación e a internacionalización da empresa naronesa, que cumpre 35 anos de actividade.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Narón as instalacións de Gabadi, sinalando que esta compañía é un exemplo da capacidade que está a demostrar a industria auxiliar do naval galego. Así, Lorenzana destacou a aposta desta compañía pola innovación, a internacionalización e os investimentos, apuntando que isto deixa de manifesto que “Galicia vai no bo camiño no sector naval, que xunto coa automoción suma o 20 % do emprego industrial na Comunidade”.

A conselleira subliñou que a reunión celebrada hoxe permitiu coñecer de preto os proxectos cos que conta a empresa e presentarlles os diferentes apoios que a Xunta pon a disposición do tecido empresarial, como a Oficina Económica de Galicia. Neste sentido, a conselleira lembrou que a que a Xunta de Galicia está a elaborar o Plan director do sector naval, dentro da nova estratexia industrial.

Lorenzana sinalou que esta ferramenta vai ser “imprescindible para coñecer a situación actual e os retos de futuro  que ten este sector”, e para continuar acompañándoos a través de diferentes instrumentos no ámbito financeiro, na internacionalización ou na cualificación das persoas traballadoras.

O naval é unha das industrias declaradas estratéxicas polo Consello da Xunta, xunto coa metalmecánica, a automoción, o sector forestal-madeira, a industria das TIC e a loxística industrial, das que tamén se están a elaborar plans directores. Os distintos plans contarán con medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector, mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

A compañía Gabadi, exemplo da capacidade da industria auxiliar do naval galego
Comentarios