jueves. 10.10.2024

No ano 2020 a empresa Pescanova apostou pola formación dual asinando convenio co CIFP Manuel Antonio coa primeira promoción do ciclo Elaboración de Produtos Alimentarios. Nos seguintes anos fóronse unindo empresas tractoras como Mascato-Salvaterra, Takopesca  e Alfrio-PROCSA. Todas estas empresas repiten experiencia formalizando un novo convenio para os vindeiros cursos.

Ademais deste ciclo, na familia de Industrias Alimentarias no CIFP Manuel Antonio tamén se imparte o ciclo de Panadaría, Repostaría e Confeitaría, en modalidade ordinario, con moita demanda tanto por parte das empresas como do alumnado.

Espérase a implantación do ciclo superior de Calidade e Procesos na Industria Alimentaria con gran interese para as empresas debido á alta demanda deste perfil profesional (encargados de produción, xefe de liña, encargado da xestión de seguridade alimentaria, encargado de innovación alimentaria,...)

Ademais da formación curricular, o alumnado de industrias alimentarias tamén participa no devesenvolvemento de proxectos dentro do marco da FP Innova, un deles é o proxecto #VeggieVending “Desenvolvemento dunha gama de produtos saudábeis de concepto vegano para distribución en puntos de vending en centros escolares e outros puntos de venda”. Neste proxecto participaron empresas punteiras como Calabizo, Delikia Fresh e Tastelab e tamén contaron coa colaboración de ANFACO-CECOPESCA. Hoxe presentan os prototipos dos produtos desenvolvidos no prexecto.

Dende o século XVIII Vigo é referente mundial no Sector da Industria de Conservación de Produtos da Pesca, circunstancia que permanece na actualidade e polo que sigue sendo unha zona importante de establecemento de industrias alimentarias. Estas empresas precisan persoal cualificado e o CIFP Manuel Antonio ocupa unha posición privilexiada para poder constituirse como un centro de referencia neste ámbito.

O CIFP Manuel Antonio proxecta unha iniciativa con empresas tractoras do sector...
Comentarios