viernes. 19.04.2024

Centros de fabricación avanzada

Nunha primeira fase actívanse 5M€ para proxectos de grandes empresas, reservándose o dobre (10M€) para un segundo prazo de solicitudes dirixido exclusivamente a pemes. Este programa impulsará a posta en marcha de proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento da contorna das empresas e os consumidores, e a modernización e consolidación da base industrial, a fin de mellorar a súa competitividade.
Apoiarase a creación de fábricas compartidas e espazos industriais especializados.
Apoiarase a creación de fábricas compartidas e espazos industriais especializados.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Consello do Goberno galego vai activar próximamente unha liña de axuda para poñer en marcha novos centros de fabricación avanzada. O obxectivo é facilitar o desenvolvemento de iniciativas que redunden “nunha mellora da competitividade empresarial de Galicia”, sinalou Rueda, quen indicou que se van destinar 15 millóns de euros a estas achegas.

Rueda explicou que a finalidade destas axudas é contribuír á posta en marcha “de espazos de uso común entre varias empresas que lles permitan prestar servizos que non serían posibles ou rendibles se cada unha tivese que facer o investimento” nas infraestruturas de forma individual.

Con anticipos de ata o 80%, as axudas teñen como finalidade o desenvolvemento do entorno das empresas e os consumidores, e a modernización da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade

Nunha primeira fase actívanse 5M€ para proxectos de grandes empresas, reservándose o dobre (10M€) para un segundo prazo de solicitudes dirixido exclusivamente a pemes. Este programa impulsará a posta en marcha de proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento da contorna das empresas e os consumidores, e a modernización e consolidación da base industrial, a fin de mellorar a súa competitividade.

A activación desta primeira fase da convocatoria prodúcese tras constatar o interese de grandes empresas na consulta realizada ás compañías e demais operadores económicos galegos que puidesen estar interesados en acceder a unha liña de axudas destas características, centrada na posta en marcha de fábricas compartidas, centros loxísticos e de fabricación avanzada e espazos industriais especializados. 

Estas grandes empresas benefícianse, agora, dunha liña de apoios que atende aos investimentos en activos fixos materiais e inmateriais, desde a adquisición de inmobles, obras e reformas, ata maquinaria e bens de equipamento, e tamén outros activos fixos materiais incluíndo mobiliario e intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo. Cun límite máximo do investimento global para a creación da infraestrutura de 20M€, o programa prevé anticipos que poden chegar ata o 80%.

SEIS CENTROS

Trátase da segunda edición deste programa. Grazas á primeira, estanse a impulsar en Galicia seis centros de fabricación avanzada en sectores industriais diversos como as TIC, o biotecnolóxico, a loxística, o turismo ou o agroalimentario.

A Xunta vai destinar 15M€ a impulsar a competitividade das empresas galegas a través da posta en marcha de centros de fabricación avanzada

En concreto, a Xunta achega 4,82M€ para desenvolver un centro de servizos avanzados na Cidade das TIC da Coruña que contará con catro laboratorios para a realización de probas e o aloxamento de empresas do sector.

O centro biotecnolóxico do Tambre recibiu unha axuda de máis de 4 millóns de euros para prover ao sector de laboratorios para actividades de I+D+i, equipamento compartido e instalacións de uso común. A terceira infraestrutura é o Centro galego de tratamentos térmicos do aceiro que, cun apoio de 2M€, estará situado en Narón co obxectivo de facilitar a realización de máis traballos con este material, como a reparación de buques. No eido do turismo e a innovación, impulsouse con 370.000 euros o Centro de Servizos Avanzados Galicia TurisTIC en Vilagarcía de Arousa.

Finalmente, apoiouse a planta piloto de Inleit en Curtis con 2,4M€ para a síntese de proteínas e subprodutos lácteos de alta calidade e concedéronse 2,5M€ á Agrupación de Cooperativas Lácteas (Acolat), en Caldas de Reis e pertencente a Clesa, para impulsar un centro de fabricación avanzada de lácteos de alto valor engadido.

Centros de fabricación avanzada
Comentarios