viernes. 26.04.2024

Biotecnoloxía, sector que xa emprega a 4.000 persoas na comunidade

Para seguir avanzando neste eido, está en marcha a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico en Galicia, que duplica o seu presuposto ata os 430 millóns de euros de fondos públicos de cara ao 2025 para apoiar o traballo conxunto con esta industria. Un ecosistema do que forman parte as tres universidades galegas; dous campus e cinco centros de excelencia internacional; tres institutos de investigación biomédica; dous consorcios europeos de infraestruturas de investigación e seis clústeres empresariais relacionados coa biotecnoloxía, ademais do tecido empresarial.
ARQUIVO.
ARQUIVO.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe na Coruña, na recepción institucional do foro da industria biotecnolóxica Galicia Biodays, que a comunidade aposta desde a colaboración público-privada por consolidarse como referente europeo en biotecnoloxía. Neste sentido, lembrou que Galicia é a segunda autonomía máis bioemprendedora de España, con 4000 empregos directos nesta industria.

Para seguir avanzando neste eido, está en marcha a Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico en Galicia, que duplica o seu presuposto ata os 430 millóns de euros de fondos públicos de cara ao 2025 para apoiar o traballo conxunto con esta industria. Un ecosistema do que forman parte as tres universidades galegas; dous campus e cinco centros de excelencia internacional; tres institutos de investigación biomédica; dous consorcios europeos de infraestruturas de investigación e seis clústeres empresariais relacionados coa biotecnoloxía, ademais do tecido empresarial. O vicepresidente económico da Xunta destacou que o talento e o traballo deste ecosistema son os puntos fortes de Galicia como biorrexión, que conta con grandes multinacionais como Janssen e Lilly, que colaboran coa Fundación Kaertor; Zendal; Lonza, e máis recentemente Indukern, coa futura planta que porá en marcha en Monforte de Lemos.

Conde fixo fincapé en que a aposta que se está a facer desde a Xunta pola biotecnoloxía se basea na súa transversalidade, xa que, ademais de ter relación directa coa saúde, tamén é fundamental no impulso aos sectores primarios, a industria e a economía circular.

O responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego destacou o traballo realizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), organizador do encontro que estes días se celebra na Coruña e que conta coa participación de distintas biorrexións ás que Galicia ve como modelo a seguir: Reino Unido, Francia, Estados Unidos e Brasil.

Na súa intervención, o vicepresidente económico sinalou que, ademais da Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico en Galicia e da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, a Xunta vai aproveitar en toda a súa extensión as oportunidades abertas desde Europa como os fondos Next Generation, que segundo subliñou Conde van ser unha importante panca para o desenvolvemento deste sector en Galicia.

Biotecnoloxía, sector que xa emprega a 4.000 persoas na comunidade
Comentarios