viernes. 29.03.2024

O II Salón Internacional da Industria Acuícola, AquaFuture Spain´23, abriu hoxe as súas portas coa presenza de 160 empresas de 24 países. Unhas cifras que supoñen un 10% máis de expositores e un 9% máis de superficie, e nas que cabe destacar que o 35% das entidades expositoras son internacionais.

O certame, organizado por OK Eventos, foi inaugurado esta mañá pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e durante tres días conxugará negocio, análise e innovación no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).

Á súa área expositiva unirase ata o xoves un completo programa de actividades, o cal comezou a desenvolverse, e a demostrar o seu atractivo, desde primeira hora.

En canto ás súas xornadas técnicas, que este ano profundan máis naqueles aspectos claves para a sustentabilidade e o crecemento do sector da acuicultura, hoxe abordaron tema de gran relevancia como son os instrumentos de financiamento para a acuicultura sostible, a economía circular aplicada á acuicultura e as oportunidades do mercado internacional de acuicultura. Máis dunha ducia de expertos do sector foron os encargados de debullar estes aspectos na sala de conferencias Carmen Sarasquete, representando a entidades como a Asociación Empresarial de Acuicultura de España (APROMAR), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), a Fundación Biodiversidad, a Axencia Nacional de Desenvolvemento da Acuicultura de Marrocos (ANDA), o Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa (ICSEM), a Universidade de Vigo, Morenøt, o clúster de acuicultura Acuiplus, JJChicolino ou ABANCA Mar

PRESENTACIÓNS E SHOWCOOKINGS

AquaFuture Spain´23 colle tamén un completo programa de presentacións, estando programadas para hoxe na sala Abanca a tituladas “Acuicultura de precisión ao servizo do produtor”, “Prototipo innovador de usos múltiples que combina enerxía renovable en alta mar e acuicultura na conca atlántica”, “Incubadora de alta tecnoloxía especializada en biotecnoloxía azul e acuicultura”, “Equipo Biofarm, exemplo de servizo á granxa” e “Patoloxías virais transmitidas por consumo de moluscos bivalvaos”

Por outra banda, tras o éxito da pasada edición, volve a cociña en vivo todos os días do evento. Así, esta mañá a Xunta de Galicia, baixo o seu “Galicia sabe amar”, ofreceu diferentes elaboracións con conservas de peixes de acuicultura de ANFACO-CECOPESCA.

AquaFuture Spain´23
Comentarios