jueves. 18.04.2024

Un curso organizado polo Concello de Mos habilita para a pilotaxe de drons ou aeronaves de distintas configuracións e tipos.

Actualmente, estes profesionais acceden á pilotaxe a través dun certificado avanzado como o que realizaron os alumnos deste curso. O curso que aposta pola innovación e que mellorará notablemente a empregabilidade destes alumnos, todos eles veciños do municipio de Mos.

O curso, impartido pola empresa mosense Lusant Formación, tivo 120 horas de duración e, ademais da parte teórica, os/as alumnos/as realizaron prácticas de voo real. O exame para obter a certificación xa se celebrou tamén, sendo superado moi satisfactoriamente por todos os/as alumnos/as. Participaron no curso 6 persoas, 5 mulleres e 1 home, con diferente formación académica e experiencia profesional. A idade media do alumnado é de sobre 35 anos e os participantes teñen un perfil variado pero na maioría dos casos con formación profesional nas ramas técnicas (arquitectura técnica, delineación, fotografía, informática, auxiliar administrativo, xestión forestal e educación ambiental).

O actual Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 3.0 (V Edición), subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e promovido pola concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro, está a apostar pola innovación nas súas accións formativas, co obxectivo de que os participantes poidan reinventarse, algo fundamental para insertarse no mercado laboral nos actuais tempos de crise.

Uns dos elementos máis innovadores surxidos nos últimos anos e incorporados de xeito profesionalizado á sociedade son os drons. Foi tal a velocidade á que os drons se introduciron na actividade social que as propias administracións públicas víronse na necesidade de regular a súa comercialización e utilización nun tempo récord. No 2014 apareceu a primeira regulación en España, e apenas cinco anos despois, a Unión Europea aprobaba dúas normas para harmonizar, a nivel da Unión, as distintas regulacións nacionais. Desde o punto de vista do emprego, a crecente normalización do uso dos drons ofrece unha gran oportunidade para crear postos de traballo moi especializados e de alto valor engadido; isto é, empregos de calidade; oportunidade que, como sociedade e na situación actual na que nos atopamos, non se pode desaproveitar.

Aprender pilotaxe de drons