viernes. 19.04.2024

Aeromedia abre a nova convocatoria da BFAero

Deste xeito, dáse continuidade á colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo para desenvolver dúas novas edicións, a cuarta e a quinta, cun investimento total de 7,2M€ co que se pretende apoiar 25 empresas do sector. O obxectivo é potenciar o ecosistema tecnolóxico cun enfoque máis internacional e maximizar as sinerxías entre a aceleradora e o Polo Aeroespacial de Galicia, facendo da BFAero un referente na Unión, 
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visita a compañía Aeromedia.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visita a compañía Aeromedia.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Aeromedia, onde avanzou que o 15 de xuño abre a nova convocatoria da BFAero cun enfoque máis internacional e na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia.

Deste xeito, dáse continuidade á colaboración coa Fundación CEL Iniciativas por Lugo para desenvolver dúas novas edicións, a cuarta e a quinta, cun investimento total de 7,2M€ co que se pretende apoiar 25 empresas do sector. O obxectivo é potenciar o ecosistema tecnolóxico cun enfoque máis internacional e maximizar as sinerxías entre a aceleradora e o Polo Aeroespacial de Galicia, facendo da BFAero un referente na Unión Europea de innovación aberta e disruptiva no sector.

A nova convocatoria contará cunha fase de incubación de 12 meses, dirixida fundamentalmente a proxectos de emprendemento no sector aeroespacial -tanto spin offs, como start ups e spin outs- e unha fase de aceleración de oito meses para empresas xa existentes con alta capacidade de crecemento. Como novidade establécese unha nova fase de consolidación de catro meses para empresas galegas da industria aeroespacial cunha antigüidade máxima de ata sete anos.

A aceleradora xa favoreceu, nas súas tres primeiras edicións, a participación de 19 empresas, a creación de oito e un investimento de 5M€.

O vicepresidente económico destacou a participación de Aeromedia no Polo Aeroespacial de Galicia en diferentes proxectos cun orzamento superior aos 500.000 euros, así como na BFAero, onde desenvolveu unha spin out, Generadron, dedicada á inspección de aeroxeradores e de plataformas offshore. Por iso destacou que a traxectoria de compañías como Aeromedia anima á Xunta a seguir impulsando este sector para consolidar o desenvolvemento industrial de Galicia e a xeración de emprego de calidade.

Conde puxo en valor o labor de Aeromedia, que conta cunha década de experiencia no sector dos vehículos aéreos non tripulados e cunha carteira de servizos para diferentes administracións, tamén a nivel internacional. Destacan os traballos de topografía nas zonas afectadas pola erupción do volcán na Illa da Palma; os servizos de vixilancia aduaneira no Ministerio de Facenda ou a colaboración co Inta en proxectos como CanSat.

Aeromedia abre a nova convocatoria da BFAero
Comentarios