jueves. 10.10.2024

Durante a entrega do VII Premio á excelencia empresarial do Club Financeiro de Santiago, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou que o encontro de Juan Carlos Escotet con Galicia prodúcese como resultado dunha crise. “Unha crise que abriu unha oportunidade que se converteu nunha entidade financeira galega que recuperou o seu pulo. Unha entidade que recuperou a confianza perdida de moitos galegos, que se imbrica no tecido produtivo e que se expande a territorios veciños”, subliñou.

“A crise foi unha oportunidade que Galicia e Abanca souberon aproveitar”, dixo, subliñando que, nese momento crítico, Juan Carlos Escotet ve a Comunidade como un destino idóneo para traballar e medrar.

“A súa implicación dinos que Galicia é un mercado e tamén unha sociedade cuxa vida hai que compartir”, concluíu, recordando tamén a intensa participación da entidade, como banca próxima, en proxectos deportivos e culturais de todo tipo.

“A crise foi unha oportunidade que Galicia e Abanca souberon aproveitar”, afirma Fejóo