sábado. 27.04.2024

A XV edición do Santiago (é) Tapas está xa moi presente na hostalería compostelá coa repartición dos manteis alusivos ao concurso que se celebrará do 15 de febreiro ao 3 de marzo na capital galega co lema As Tapas son a estrela, organizado por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña; o patrocinio de Estrella Galicia e a colaboración de Cash Record e Café Dromedario.

Tal e como se anunciou no seu día, neste período de Nadal está a levarse a cabo unha importante campaña de comunicación co dobre obxectivo, tanto de incentivar a inscrición por parte dos establecementos da cidade como de informar ao público interesado do cambio de datas do concurso, rematando o peche das inscricións o 10 de xaneiro.

Tanto as bases do concurso como a información complementaria poden atoparse na web www.santiagoetapas.gal, a través da cal tamén poden inscribirse os locais.

Estableceranse varios roteiros e con premios ás mellores tapas, habendo esta edición e como novidade unha etapa e un premio especial á máis doce para incentivar a participación de cafeterías e bares que traballan

almorzos e merendas.

O ano pasado presentáronse a concurso 63 tapas, repartíronse máis de 24.000 e contabilizáronse 14.816 votos válidos, resultando premiadas as tapas ‘Navalla’ e ‘Queixo’, de Artesana; ‘Polo louro en ravioli de wonton’, de A Bodeguilla de Santa Marta; ‘Taco pulled porco’, de Pedra, e ‘Croquemol’, de Vilar 64.

Nesta ocasión haberá tamén premios ás mellores tapas tradicional, creativa, maridada con viño Ponte da Boga e con Cervexa Estrella Galicia; e á mellor tapa sen glute, outorgada un ano máis pola

Asociación de Celíacos de Galicia.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, as tapas debererán estar elaboradas con produtos galegos de calidade contrastada, produtos de agricultura ecolóxica ou produtos do mar de Galicia certificados, nunha aposta pola gastronomía galega e os produtos de proximidade.

Haberá obsequios directos aos que fagan as etapas completas, para o que terán que ir selando o Tapasporte, e sortearanse numerosos agasallos grazas a empresas colaboradoras como Alda Hotels, Agacal, CRDO Ribeiro, Etiqueta Negra, Recorda Fest, Boanerges, Curves e Pedras de Santiago, entre outras, con moitas sorpresas para incentivar a participación.

Por los manteles los conoceréis
Comentarios