viernes. 19.04.2024

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe na presentación do informe sobre o potencial mineiro de materias críticas en Galicia, realizado polo Colegio Oficial de Geólogos, o cal puxo en valor como ferramenta para situar á Comunidade como territorio estratéxico para cubrir as necesidades de materiais fundamentais a través dos recursos propios e impulsar a reindustrialización do territorio ao tempo que contribúe a diminuír a dependencia co exterior.

“Estamos ante un dos maiores retos que afronta o tecido industrial neste momento como é o custo e a dispoñibilidade de materias primas e recursos que son necesarios para a súa normal actividade”, sinalou Uría, ao tempo que apostou por un aproveitamento racional e sostible dos recursos propios para acadar unha plena transición ecolóxica e dixital.

Un obxectivo, tal e como apuntou a directora xeral, que está en liña coas políticas europeas referidas á descarbonización da economía e a electrificación do parque móbil de cara aos obxectivos de Green New Deal e do papel que xogarán nos próximos anos materias primas minerais como o litio, cobre, silicio, estano e wolframio, todos eles minerais que hai ou pode haber en Galicia.

“Iso supón apostar pola sustentabilidade pero tamén pola I+D+i para identificar alternativas, ao mesmo tempo que supón apostar por unha minaría sostible que é o que Galicia vén facendo ao longo destes anos”, sinalou Uría, facendo referencia a unha minaría que permita o desenvolvemento industrial e sexa compatible co medio ambiente, favoreza o emprego de calidade e xere oportunidades económicas e sociais no rural.

Galicia podría contar con materias primas minerais como o litio, cobre, silicio, estano...