jueves. 28.03.2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na feira Expogrelo de Abadín para recoñecer o labor dos produtores de grelos da comarca da Terra Chá. O director da devandita Axencia entregou os premios do certame anual de cestas de grelos da edición número 17 desta feira.

Máis dunha decena de produtores participan nunha feira que combina a venda de grelos e outros produtos locais con música e artesanía.

Neste encontro, que se celebra dende o ano 2006, participan máis dunha decena de produtores de grelos. A feira combina a venda deste produto tradicional galego con postos de artesanía, música e demais produtos locais.  José Luis Cabarcos e Javier Arias coincidiron en poñer en valor a calidade dos grelos desta comarca e animaron aos produtores e comercializadores, tanto en fresco como en conserva ou conxelado, a que se inscriban no selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia.

Esta indicación xeográfica xerou en 2021 un valor económico estimado de 722.500 euros e comercializou máis de 364 toneladas de produto certificado. Cabe sinalar que o produto amparado pola IXP é a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da especia Bassica rapa. L. var. Rapa comunmente coñecida como nabo.

Expogrelo de Abadín
Comentarios