martes. 04.11.2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a campaña “100% Gastronomía das Rías Baixas”, unha iniciativa de promoción das festas gastronómicas de interese turístico da provincia a través de food trucks, á que destinará preto de 280.000 euros. Segundo explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, o obxectivo é “promocionar e poñer en valor a nosa gastronomía nos 61 concellos da provincia”.

Para levar a cabo esta promoción, a Deputación habilitará tres food trucks que percorrerán tres rutas distintas: norte, centro e sur da provincia. Nestes percorridos, ofrecerán degustacións baseadas nos menús das 25 festas gastronómicas de interese turístico galego, nacional e internacional que se celebran na provincia. En total, realizaranse 366 degustacións en formato de pinchos durante cinco meses para o público asistente.

Tal e como confirmou o vicepresidente provincial, trátase de “un novo programa co que queremos seguir promocionando o noso, a nosa gastronomía que tantas alegrías nos dá. Porque como recollemos na nosa estratexia Rías Baixas Turismo 61, a gastronomía é o fío condutor perfecto para vertebrar e unir a todos os concellos da provincia como un destino común”.

A Deputación de Pontevedra lanza a campaña "100% Gastronomía das Rías Baixas" con food...
Comentarios