martes. 14.05.2024

Cando apenas resta tan só uns días -5 de xuño- para a gran cita dos Cantóns da Coruña, son moitos os atletas de todo o mundo que continúan cursando solicitudes de participación nesta importante proba. Ata o momento, xa hai acreditados 29 países. O último en confirmar a súa presenza é nada menos que o subcampión Mundial de Doha e bronce europeo en Berlin-18, o ruso Vasili Mizinov, quen asume esta proba como último test preparatorio á súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio na que parte como un dos grandes favoritos ao título.

En canto a participación, o continente americano representa por número o primeiro gran provedor de atletas de Cantóns con nada menos que 85 participantes. O gran prestixio da marcha nos países hispanoamericanos fan que A Coruña sexa coñecida e asociada a esta modalidade, motivo pola que moitos soñan con participar nos
Cantóns.

Precisamente, un dos grandes mitos da historia da marcha, o ecuatoriano Jefferson Pérez, chegou a dicir, despois de ser campión olímpico e mundial que para completar o seu extraordinario historial “só me falta graduarme en Cantóns da Coruña”.

México con 38 atletas, é o país que acode con máis especialistas, non sendo de estrañar xa que se trata dunha das grandes potencias históricas e mundiais da marcha. Guatemala aporta 13 e Ecuador e Brasil 10 atletas.

Do vello continente acudirán un total de 68 marchadores onde a maioría son españois con 29 presenzas confirmadas. Séguelle por número Italia con 11 e Portugal con 7, sendo deste xeito os países europeos con maior número de participantes na cita coruñesa.

África, que conta cada vez con máis peso no panorama mundial da marcha, estará representada a través do tunisiano Nasri, dos surafricanos Snyman e Púe e de dous atletas de Quenia: Emily Wamusui e Samuel Gathimba.

Tamén se suma a esta multiculturalidad acudindo na súa representación a neocelandesa Alana Barber.

Os asiáticos serán este ano os grandes ausentes xa que as restricións para viaxar desde os seus respectivos países fixeron imposible contar aquí con boa parte das súas máximas figuras. A pesar diso acudirán a marchadora de Hong Kong Ching e co xaponés Fuchise

O subcampión Mundial de Doha e bronce europeo en Berlin-18, o ruso Vasili Mizinov...