viernes. 26.04.2024

Nuno Torres e Almudena Vázquez impuxéronse no Xarotos Gran Fondo

A Xarotos Gran Fondo é unha proba ciclista case única en Galicia. Trátase dunha marcha profesional ciclodeportiva na que non hai paradas obrigatorias, foron os propios corredores os que decidiron os ritmos. A música marcou e motivou o ritmo de ascenso nunha subida tranquila e sen percances, a excepción do molesto e graciosillo señor do mazo que non dubidou en incordiar aos ciclistas
Xarotos Gran Fondo
Xarotos Gran Fondo

E volveu a triunfar o ciclismo. A segunda edición da Xarotos Gran Fondo encheu este domingo de paixón polas dúas rodas O Porriño. Máis de dous centenares de corredores lanzáronse a conquistar o Coto dos Xarotos, despois do paréntese forzado que supuxo a pandemia.

Había máis ganas de rodar ca nunca e o día favoreceu ao evento que arrancou ás 8:45 h da mañá entre a emoción dos reencontros e os sorrisos de rigor para o posado no control de firmas. Semblantes de felicidade que mudaron en concentración ante a inminente saída ás 9h dende o Concello con dous posibles percorridos: a Xarotos Gran Fondo; de 132 km e 3000 m de desnivel acumulado, ,e a Xarotos Medio Fondo, de 76 km e 1400 de desnivel.

Xarotos Gran Fondo 2
Xarotos Gran Fondo 

A Xarotos Gran Fondo é unha proba ciclista case única en Galicia. Trátase dunha marcha profesional ciclodeportiva na que non hai paradas obrigatorias, foron os propios corredores os que decidiron os ritmos. A música marcou e motivou o ritmo de ascenso nunha subida tranquila e sen percances, a excepción do molesto e graciosillo señor do mazo que non dubidou en incordiar aos ciclistas.

Dispuxéronse distintos puntos de avituallamento e hidratación, con algún dulce especial na última parada para conseguir ese impulso extra que permitira alcanzar a meta e, en todo momento, os corredores contaron con atención técnica e sanitaria.

Arredor das 11:40 h, os corredores de Medio Fondo, e hacia as 14:40 h, os de Gran Fondo, chegaron á meta para disfrutar dunha gran festa final. A boa música aderezou unha velada chea de sorpresas, regalos e premios, con sorteo de xamóns e a entrega dos trofeos no podio.

Clasificacións

Nuno Torres; en categoría masculina, e Almudena Vázquez, en feminina, foron os primeiros en cruzar a liña de meta na clasificación Xeral Gran Fondo, cunhos tempos de 2h45:08.540 e 3h29:15.771, respectivamente. O premio en parellas foi para Cristina Vara e Iago Torres que marcaron  3h51:50.797.

O récord de ascenso no Coto dos Xarotos foi para Juan Vidal Rodriño, do Club Ciclista Farto, que parou o cronómetro en 13:18.464 en categoría Sénior. Bryony IZZARD foi a máis veloz en ascenso das mulleres cunha marca de 20:28.730, tamén como sénior.

XarotosGranFondo3
Xarotos Gran Fondo,

Por categorías, en Veteranos A Masculino (dende os 30 aos 39 anos) o mellor tempo foi para o gañador da Xarotos Gran Fondo, Nuno Torres, que marcou no reloxio 13:30.355. Alberto Amaral impúxose como o máis rápido con 14:51.057 na categoría Veteranos Masculino C (dende os 50 aos 59 anos). Por último, en Veteranos Masculino D (a partir de 60 anos de idade), o récord foi para Luis Riobo, que marcou 17:44.169.

No tocante á  clasificación feminina, en Veteranas B o mellor crono foi para a gañadora da Xarotos Gran Fondo Almudena Vázquez, cunha marca de 20:35.214. Rosa Márques impúxose en Veteranas C con 23:36.524.

O mellor tempo na Subida a Xarotos foi para a parella formada por Antón Iglesias e Andrea Gómez, que pararon o crono en 19:01.370.

Ricardo Tavares e Johana Taborda foron os gañadores da Xarotos Medio Fondo, cuns tempos de 1h10:06.251 e 1h25:40.224, respectivamente.

As clasificacións completas están dispoñibles para consulta na web de Magma Sports.

Péchase unha segunda edición de éxito, pero comezan xa as ganas e a ilusión de vovler a disfrutar do pracer de pedalear, da montaña, do asfalto e das paisaxes de vértigo na Serra de O Suído.

Nuno Torres e Almudena Vázquez impuxéronse no Xarotos Gran Fondo
Comentarios