jueves. 28.03.2024

Manuel Arias e á copiloto Yolanda Fernández participan na Copa de España de Mototurismo

Ademais da súa participación na Copa de España, os lucenses tomarán parte no campionato internacional Touring World Challenge, que terá en Francia a primeira das probas, que se celebrará entre o 9 e o 11 de xuño. A seguinte cita será en Alemaña do 24 ao 27 de xullo; e rematarán a súa participación en Grecia do 20 ao 24 de setembro.
piloto
piloto

A Xunta de Galicia apoia ao piloto lucense Manuel Arias e á copiloto Yolanda Fernández para participar na Copa de España de Mototurismo e no torneo internacional Touring World Challenge, levando a marca Galicia e o Xacobeo a distintos lugares do territorio nacional e tamén a Francia, Alemaña e Grecia, onde os lucenses disputarán as probas internacionais.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado do xefe de servizo de Deporte, Manuel Otero, mantivo un encontro cos deportistas lucenses para coñecer o calendario da Copa de España, que continuará precisamente o 21 de maio coa Ruta Castrexa, que se celebra en Lugo; seguirá o seu percorrido en xuño coa Volta a Mallorca; e en xullo estará na Bañeza, entre as probas máis próximas.

Arias destacou o nivel de ambos deportistas na pasada tempada, na que Yolanda Fernández foi Campioa de España de copilotos e Manuel Arias, subcampión de pilotos.